Por Lleida pasa asegurarse medio playoff

baloncesto250_290208_001.jpgSALNÉS > O Extrugasa enfróntase o domingo a un rival a priori inferior, o Cadi Seu D’ Urgel. Antes, o Inelga recibirá mañá en Fontecarmoa ó Recinor San Rosendo, penúltimo clasificado na Liga EBA.

O Extrugasa viaxa esta fin de semana a Lleida onde se ha de enfrontar ó Cadi Seu Durgel. Un rival que foi nesta Liga de máis a menos, proba diso é que perderon seis dos últimos sete encontros que disputaron o que lles mete de cheo nos postos perigosos de descenso.

Por iso se cadra o Extrugasa parte coma favorito, por iso e porque as vilagarciáns amosaron certa melloría no último encontro que xogaron contra o Hondarribia, ó que gañaron por 22 puntos de diferencia.

Entre as armas das cataláns, dúas xogadoras brasileiras e ademais irmáns. Silvia e Helen Santos Luz, que levan o peso do equipo no que a ataque se refire. A favor do Extrugasa, o rebote, o que sempre foi talón de aquiles das de Isaac Fernández. As vilagarciáns son o segundo peor reboteador da competición, empeorado so por un conxunto, o seu rival do domingo, o Cadi Seu Durgell.

Pola súa banda o Inelga recibe mañá en Fontecarmoa a partires das 19:30 da tarde ó Recinor San Rosendo. O equipo ferrolán leva cinco derrotas consecutivas e ocupa o penúltimo posto na clasificación polo que os de Juan Espiñeira teñen unha oportunidade única para continuar coa xeira positiva de resultados que os levou a ocupar a séptima praza da xeral.

O sábado ás 19:00 no Pombal o Establecimientos Otero recibe ó Arzúa; segundo contra cuarto. Será un bo test para os de Diego Doval que de perder poderían ver como no Obradoiro lles adelanta na xeral.

Redacción Salnés