RIBEIRA> A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza presentará este venres en Ribeira o libro sobre os irmáns Enrique e Manuel Fernández Sendón. O acto terá lugar a partir das oito da tarde no Centro Cultural Lustres Rivas e contará coa presenza dun dos autores da publicación, Xosé Luís Axeitos.
Este venres día 12 verá a luz outra das publicacións editadas pola Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza na serie dos Episodios Republicanos Barbanzáns.
Inserto Baixo o título, ‘Enrique e Manuel Fernández Sendón. Memoria, Palabra e Represión’, este caderno aborda a traxectoria política e vital destes dous irmáns ribeirenses e da súa familia, fondamente marcada polo asasinato de Manuel en 1937.
Ademais de afondar na importancia destas dúas figuras destacadas da República, os asistentes recibirán un exemplar do libro como agasallo.











