![]()
PONTEVEDRA > O padexeiro cangués David Cal, compareceu esta mañá ante os medios de comunicación, nunha rolda de prensa celebrada no Palacete das Mendoza en Potevedra. Cal falou da prepración que vai a levar a cabo para chegar en condicións óptimas á cita máis importante do ano, os Xogos Olímpicos de Pekín.
{flowplayer}images/salnes/davidcal_040308.flv{/flowplayer}
O dobre medallista olímpico asegurou que a súa intención é reeditar canda menos os éxitos acadados en Atenas no 2004, un xogos dos que se trouxo unha medalla de ouro e outra de prata. Por iso agora o obxectivo que se marca son os dous ouros, aínda que logo non se poidan acadar. Según dixo, os tempos que está a marcar nas roldas de adestramentos fanlle ser optimista de cara ó seu resultado nos xogos deste verán.
Cal non quixo entrar en polémicas e evitou voltar a falar sobre os problemas que tanto el coma o seu adestrador Suso Morlán tiveran coa Consellería de Cultura e Deporte. Asimesmo, resaltou que ata o vindeiro Campionato de Europa adestrarase en Pontevedra, para despois desta competición decidir se prepara a cita olímpica en Verducido ou ben noutro lugar.
A súa intención é atopar o sitio idóneo, non sÓ polas condicións metereolóxicas senón tamén no que se refire ó seu entorno; para Cal é basico atopar certa tranquilidade ó seu redor. Os candidatos, ademais do embalse pontevedrés de Verducido ó que non descarta, serían Portugal, ou o máis probable, o embalse de Trasona, en Avilés.
Agora centra a súa mirada na vindeira competición que será xa esta fin de semana en Sevilla, onde participará no Campionato Nacional de Inverno, nas probas de fondo de 2000 e 5000 metros.
Redacción Salnés








