O PP promete executar unha Senda Verde e Saudable no Salnés

    sendaverde100_040308.jpgCAMBADOS > O PP está disposto a executar unha senda verde pola costa do Salnés e así o fixeron saber hoxe en Cambados.

    {flowplayer}images/salnes/sendaverde.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS > De gañar as eleccións o 9 de marzo, un dos primeiros proxectos que poría en marcha o PP sería o da senda verde do Salnés. A candidata ó Congreso Ana Pastor xa o adiantara no mitin de Cambados a semana pasada e hoxe presentou o proxecto ós medios de comunicación. Preténdese recuperar o proxecto iniciado co goberno de Aznar, agora incluíndo ademais todo o litoral da Illa de Arousa. Deste xeito actuaríase en 82 quilómetros de costa, desde Bamio en Vilagarcía, ata a praia de Sagunto en Sanxenxo. Para todo isto precisaríanse algo máis de 14 millóns de euros.

    O PP lamenta que nos últimos 4 anos de goberno socialista non se fixese nada ó respecto. O candidato ó Senado José Manuel Cores Tourís criticou ademais ós socialistas do Salnés por permitir ó goberno de Zapatero que destinase os cartos deste proxecto a outra comarca. Pola contra, confía plenamente en que Rajoy e o seu equipo gañe e execute a senda verde.

    No acto tamén estivo o presidente da Mancomunidade do Salnés. O popular Jorge Domínguez explicou os pormenores do proxecto e ademais pediulle a Ana Pastor celeridade na súa execución.

    Redacción Salnés