O Concello pretende rematar este ano o I Plan de Igualdade

    igualdade100_061108.jpgO GROVE > O Concello reúnese con máis de 50 colectivos sociais para ultimar o I Plan de Igualdade, …

    … que podería estar listo antes de que remate o ano. A lo menos esa é a intención do edil de Igualdade e Benestar, Carlos Álvarez.

    O nacionalista indica que a redaccións está a piques de rematarse, logo de ter contactos con colectivos locais e partidos políticos. Ademais, esta semana estanse a celebrar reunións de traballo con colectivos para contrastar a información elaborada no primeiro tramo do Plan de Igualdade.

    Carlos Álvarez considera fundamental a implicación de tódolos veciños para poder programar actuacións acorde á realidade do municipio. Segundo lembra, a finalidade deste Plan é mellorar a situación social das mulleres, promovendo a aplicación do principio de igualdade e poñendo ó Concello como referente.

    Estes días, a Concellería de Igualdade tamén traballa no programa do día internacional contra a violencia de xénero, que se conmemora o 25 deste mes. Carlos Álvarez convocará o Consello Local da Muller para informar das actividades e para confeccionar un documento de denuncia e repulsa contra o malos tratos.

    Redacción Salnés