Un deseño inspirado no origami protagoniza o cartel da Festa do Marisco do Grove de 2020

O GROVE> Estamos en plena Festa do Marisco, pero no Grove xa andan a pensar na edición da do ano que vén. Hoxe deuse a coñece-lo cartel do evento do ano que vén. Foi deseñado por unha moza de Pontevedra e está inspirado no origami xaponés.

A Festa do Marisco do Grove pensa xa na edición de 2020. Esta mañá presentouse a imaxe do evento para o ano que vén. O deseño gañador é este. Foi creado por unha moza de Pontevedra.

Ó concurso presentáronse 18 propostas. Finalmente a de Isabel foi a opción favorita. Como non podía ser doutro xeito, os produtos do mar, son os protagonistas da súa obra.

A presentación do cartel supón o pistoletazo de saída da vindeira edición. O ano que vén a festa estenderase do 1 ó 12 de outubro. A deste ano, botará o peche este domingo deixando un moi bo sabor de boca na vila.

Polas carpas do Corgo, como ven, pasaron hoxe numerosos visitantes para os que o tempo non foi un impedimento para gozar dos manxares da ría.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí