Os alumnos do Obradoiro de emprego de informática impulsan un novo aula de informática

CAMBADOS>  O edificio da Merced dispón dunha nova aula de informática. Os alumnos do obradoiro de informática encargáronse de preparala e poderá ser utilizada por todos os públicos.

Os alumnos do obradoiro de emprego de informática “Cambados emprende xoven” presentaron a nova aula de informática no edificio da Merced. O curso impulsado polo Concello está especializado na actualización dixital. As súas destrezas permitiron inaugurar esta sala.

Os 8 alumnos do obradoiro levan dende setembro renovando os equipos de diferentes espazos da vila e continuarán desenrolando o proxecto nas próximas datas.

Nos diferentes centros que están renovando os estudantes están a aplicar todo o aprendido en materia de actualización dixital.

A aula estará dispoñible para todos os públicos en horario de mañá. Pola súa parte o obradoiro de informática está sendo todo un éxito e os alumnos aínda teñen un mes máis para seguir demostrando todos os seus coñecementos.