Sanxenxo modifica o seu acceso por Vinquiño para instalar unha nova caseta de turismo

SANXENXO> Sanxenxo vai modifica-lo seu acceso por Vinquiño. A actuación implicará o traslado da actual caseta de turismo para instalala nunha isleta. As obras poderían estar rematadas antes de que remate este mes.

O acceso a Sanxenxo por Vinquiño está sendo obxecto dunha reforma que implicará o traslado desta caseta de turismo. Coas melloras, que xa están en marcha, ese punto de información situarase aquí, neste espazo que en breve vai ser ocupado por unha isleta.

As obras de acondicionamento e urbanización da zona implicarán tamén implicarán unha mellora da seguridade viaria na zona. A actuación terá un custo de 48.000 euros, ó que despois lle haberá que suma-lo que coste a instalación da futura caseta de turismo. A intención do goberno local é que a Xunta tamén se implique no financiamento do futuro punto de información.

Se o tempo o permite, as obras estarán rematadas antes de que remate este mesmo mes.