Hoxe producíronse dous accidentes laborais na comarca do Salnés

    accidente_laboral_100.jpgVILAGARCÍA > Esta tarde produciuse un novo accidente laboral na construcción con resultado dun home ferido.

    Os feitos aconteceron pasadas ás tres e cuarto da tarde neste chalét que están construíndo no número un da vilagarciá rúa do Pumariño, en Cornazo. Nel un traballador VMGP, de 30 anos de idade e veciño de Vilagarcía caeu dun elevador móbil no que se encontraba para pintar; e quedou atrapado entre a parede de acceso ó garaxe e o aparello elevador . Ata o lugar dos feitos desprazáronse efectivos da policía local e unha ambulancia do 061, que trasladou o ferido ó Hospital do Salnés para ser atendido das fortes dores de costas das que se queixaba. Logo, unha unidade da policía nacional destacada en Vilagarcía e outra do departamento da policía científica deste mesmo corpo, instruíron correspondente reportaxe de como aconteceron os feitos, axustándose a nova normativa estipulada para estes casos.

    O outro dos accidentes laborais tivo lugar esta mañá en Vilanova, no lugar coñecido como Rego do Alcalde. Neste sinistro, un mozo de 31 anos, natural de Meaño e cas iniciais MTI resultou ferido leve ó caerlle un palé de botellas baldeiras de viño encima do nocello. O traballador dunha empresa de prefabricados atopábase descargando un camión á beira da bodega Gran Viño cando se lle correu a carga e se lle veu encima. Ata o lugar dos feitos acudiron efectivos do 061, que trasladaron ó ferido ata o Hospital do Salnés. Asistírono tamén efectivos de Protección Civil de Vilanova e da Garda Civil de Tráfico.

    Redacción Salnés