Durán acusa de traizón ó BNG local tralos cambios no parque de Tremoedo

    duran100_281108.jpgVILANOVA > Traizón. Foi a palabra máis escoitada esta mañá no Concello de Vilanova. O alcalde Gonzalo Durán e mailo edil da parroquia …

    {flowplayer}images/salnes/GONZALO_DURAN_TREMOEDO.flv{/flowplayer}

    VILANOVA > Traizón. Foi a palabra máis escoitada esta mañá no Concello de Vilanova. O alcalde Gonzalo Durán e mailo edil da parroquia de Tremoedo, Julio Varela, consideran que o BNG de Vilanova, o do Salnés e a Consellería de Vivenda e Solo os traicionaron.

    Refírense ós últimos cambios cometidos no proxecto do parque empresarial de Tremoedo – András, como denomina agora a Xunta esta área. Están molestos, sobre todo, por que se sacou de Vilagarcía, liberando terreos de Solobeira e O Sixto, para deixar todo o peso da actuación no concello de Vilanova.

    As críticas van dirixidas principalmente á portavoz do BNG local Carmela Alfonso. O alcalde esixe a súa dimisión e advirte que o grupo de goberno estuda medidas contra a edil nacionalista. O concelleiro de Tremoedo advirte que a parroquia fará todo o posible para que o parque non se faga.

    Redacción Salnés