VILANOVA> Gonzalo Durán gana a batalla contra a anterior administración socialista da Mancomunidade pola saída de Vilanova do xeodestino do Salnés e a súa inclusión en Mar de Santiago. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia falla en contra do organismo comarcal, que recorrera o mapa de xeodestinos aprobado pola Xunta. Foi o alcalde vilanovés o que deu a coñecer hoxe a sentenza, cargando contra a esquerda e a expresidenta da Mancomunidade. Pídelle á Marta Giráldez que pide desculpas.
O asunto remóntase ao ano 2022, cando o Consello da Xunta aprobaba o mapa de xeodestinos de Galicia, creando o de Mar de Santiago. Nel están integrados Valga, Catoira, Pontecesures e Vilanova, o que implicaba a súa saída da estratexia turística común do Salnés. A Mancomunidade, daquela en mans do PSOE, reaccionou á saída do municipio levando o tema á xustiza, presentando un recurso contencioso-administrativo contra o novo mapa dos xeodestinos. Para Durán, unha persecución.
Agora o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declara a inadmisibilidade do recurso. Faino por unha cuestión de forma, porque, di a sentenza, a Mancomunidade non é competente para poder presentar un recurso en materia turística contra un acordo da Xunta porque non é cousa do organismo comarcal a planificación turística dos concellos que o integran. Para Durán, a sentenza é clara.
E continúa, cargando contra ela.
E mensaxe tamén para o actual presidente comarcal e alcalde de Ribadumia.
E conclúe Durán, con esta sentenza dáse carpetazo ao que cualificou de ‘esperpento’, que leva aturando Vilanova nos últimos seis anos.











