Os títulos galegos de xadrez decidiranse no XIII Torneo Open McDonal´s

VILAGARCIA> O Club Xadrez Fontecarmoa organizará en Vilagarcía a final do Circuíto Galego promoción de Xadrez. A competición disputarase dentro do XIII Torneo de Xadrez Open Mcdonal´s. A cita terá lugar o sábado a partir das 11 na praza da peixería.

O concello de Vilagarcía será a sede dun novo torneo de xadrez. Nesta ocasión a competición pechará o circuíto galego de promoción. A última proba galega da tempada disputarase dentro do XIII Torneo de Xadrez Open McDonal´s.

A competición dividirase en catro categorías base, de promesas a infantís, e unha sénior. Disputarase baixo o sistema suízo a sete rondas e está previsto que a participación poda chegar aos 200 competidores.

O torneo está organizado polo Club Xadrez Fontecarmoa e conta co patrocinio de McDonal´s Rías Baixas e a colaboración do concello de Vilagarcía. Dende a empresa mostraron a súa satisfacción por continuar apoiando esta competición. Pola súa banda, dende a fundación de deportes resaltaron a labor dos xadrecistas de Fontecarmoa.

Entre os xadrecistas vilagarciáns con mellores opcións dentro do campionato galego atópanse: Irene Díaz e César Oubiña, campioa e subcampión na categoría benxamín, Ricardo Oubiña que ten opcións de acceder ao terceiro posto na mesma categoría e Paula Suárez na loita polo título de alevíns.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí