Paralizado o desafiuzamento dunha familia da Pobra

    BARBANZA> A plataforma barbanzá de Stop Desafiuzamentos deu a coñecer novas execucións hipotecarias que están tendo lugar na parte norte da ría de Arousa. Un dos casos afecta a unha familia ribeirense, os cales solicitaron á entidade xustiza gratuíta para frear o lanzamento hipotecario que pretende efectuar a entidade Banco Caja España. Cabe destacar, que a vivenda afectada foi declarada de protección autonómica no ano 2007. Por outro lado a Plataforma conseguiu paralizar o desafiuzamento dunha familia pobrense, cunha nena de catro anos, tras chegar a un acordo cos responsables de BBVA na Coruña. Estaba previsto que mañá perderan a súa casa.

    Comments are closed.