A Feira Náutica de Ocasión de Vilagarcía xa ten data de comezo

    marinavilagarcia_100.jpgVILAGARCÍA > Esta mañá presentouse en Vilagarcía a que será a primeira Feira Náutica de Ocasión na vila. Este será un salón dedicado exclusivamente …

    … a barcos e material de segunda man. Estará en activo aínda para o vindeiro ano, pero a súa data de apertura o público xa está fixada. Será entre os días 8 e 12 de abril, que coinciden coa Semana Santa do 2009.

    O motivo de adiantar tanto a súa presentación débese ó interese dos seus promotores, a empresa Comercial Internacional, en acadar o maior número de participación. O administrador desta entidade, José Manuel Teijido, insistiu en que o seu obxectivo é que a exposición estea aberta o maior número posible de empresas e particulares que queiran participar nela, para consolidarse coma unha das principais feiras náuticas de carácter familiar de Galicia.

    A feira náutica organizarase nas instalacións que Marina Vilagarcía ten no porto da cidade. O seu propósito é que o salón dedicado ós barcos teña a mesma proxección que outros que se levan a cabo noutras cidades europeas. O Presidente da Autoridade Portuaria, Javier Gago, tamén estivo esta mañá na presentación para apoiar un proxecto do que dixo vai favorecer ós intereses de vilagarcía.

    As exposicións dos barcos, tanto de vela coma de motor, cumplimentaranse cun salón de degustación dos mellores productos da ría, entre eles como non os viños. De aí o nome completo da mostra I Feria Náutica de Ocasión de Vilagarcía y del Salón Sabores das Rías.

    Redacción Salnés