O Concello da Illa recibe preto de 200 composteiros de última xeración

    composteiros_100.jpgA ILLA > O Concello da Illa recibiu hoxe outros 190 composteiros de última xeración feitos en Galicia. Con esta nova dotación…

    … procedente da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, este Concello pretende seguir adiante co seu programa de reciclaxe de materia orgánica por medio dun proceso artesanal que realiza a mesma cidadanía e que logo reutiliza como abono.

    Este sistema de reciclaxe ten unha chea de beneficios tanto medioambientais como sociais e económicos para os participantes. A diminución dos residuos vai a supoñer tamén unha reducción das emisións contaminantes do transporte do servicio de recollida, e tamén repercutirá positivamente na optimización da recollida selectiva e dos seus custes para a poboación. Esta experiencia tivo unha importante aceptación crecente na última década na Illa, tal e como poñen de manifesto os datos cuantitativos estatísticos cos que conta o Concello.

    O Alcalde da Illa, Manuel Vázquez, salientou a importancia desta iniciativa na que foi pioneiro este concello; e xunto do delegado provincial de medioambiente , Juan Francisco Forján, gabou a importante acollida que tivo e está a ter entre a cidadanía. Ámbolos dous apuntaron ademais outra iniciativa ecolóxica que vai a estar operativa neste concello, como é o punto limpo. A presentación rematou ca presentación dun vídeo didáctico e explicativo que detalla ás características deste xeito de converter o lixo, de novo, en algo útil.

    Redacción Salnés