Teófilo Edicións recolle a historia de O Grove en máis de mil imaxes

    libro_grove_100_200309.jpgO GROVE> A publicación, de autoría colectiva, leva por nome ‘O Grove, foron outros tempos’.

    {flowplayer}images/salnes/200309_libro_grove.flv{/flowplayer}

    ‘O Grove, foron outros tempos’ é o título co que Teófilo Edicións presenta esta nova publicación na que se recolle a historia e costumes do municipio meco. Ó longo de 400 páxinas, o lector poderá atopar unha recompilación de máis de mil imaxes de gran calidade que amosan o día a día dun pobo e as súas xentes.

    Para dar vida a esta obra foi necesario levar a cabo un laborioso traballo de documentación, tarefa na que participaron destacados persoeiros do Grove, aínda que tamén xentes anónimas que aportaron o seu gran de area sacando á luz antigos recordos fotográficos.

    A publicación repasa diferentes facetas do Grove que van conformando a súa estrutura: Desde a economía, con retratos sobre a vida pesqueira, a hostalería ou a industria, ata os deportes, o mundo da educación e a cultura, a flora e a fauna ou mesmo un capítulo dedicado á Toxa. Segundo avanzou o xerente da editorial, o vindeiro 28 de marzo presentarase o libro no Grove, e a partir dese momento xa se poderá mercar nas librería.

    Redacción Salnés