O Unicaja lévase a Basket Cup nunha apaixaoante final

basketcup250_240308.jpgVILAGARCÍA > O Unicaja revalidou título esta fin de semana na Vilagacía Basket Cup. Os malagueños venceron na final ó conxunto ruso do Khimky de Moscú por 69-68. Unha gran final que foi a cumminación a catro días de excelente baloncesto.

Un ano máis a Vilagarcía Basket Cup foi un éxito tanto no deportivo coma na organización e na afluencia de afeccionados. O público vilagacián encheu as bancadas do recinto feiral de Fexdega para ver de novo o triunfo do Unicaja Málaga, por segundo ano consecutivo, desta volta impoñéndose na final ó conxunto ruso do Khimky de Moscú.

Os malagueños amosaron que sen ter ós mellores xogadores pódese gañar, facendo un gran traballo colectivo. Venceron en tódolos encontros do torneo, na fase de grupos a rivais tan complicados como Real Madrid e Axa Barça. Na final agardaban os rusos que deixaran fóra de competición ó Zalguiris Kaunas, gran favorito pero que caeu eliminado tras verse perxudicado polo basketaverage particular co Khimky.

A final foi igualada de principio a fin e resolveuse a tan só seis décimas para o remate cando con empate no marcador o aleiro Pablo Almazán anotaba un tiro libre que deu o título o Unicaja. 69-68. O base Rai López foi elexido MVP.

A gran xornada do sábado foi o mellor colofón a todo o torneo. No último día ademais asistimos ó sempre espectacular All Star Game, así coma os concursos, o de triples no que gañou o balcánico do Real Madrid Nicola Mirotic e o de mates, no que se impuxo o escolta do Cai Zaragoza, Mikel Bermejo.

O espectáculo non faltou na pista, incluso entre os intermedios coas Dream Cheers, e o showman Suso, que puxo ó Vilagarcía Arena en pé en varias ocasións.

Redacción Salnés