RIBEIRA> Preocupados e sobre todo indefensos. Así se senten os comerciantes de Ribeira ante os constantes roubos que se rexistran dende hai meses en pleno casco urbano.
Desta volta tocoulle a Electrodomésticos Sampedro.
Pasadas as catro da mañá a central de alarmas recibía un aviso, despois de que un individuo rompese o cristal do escaparate a pedradas.
A pesar do modesto do botín, que non acada nin os mil euros, o principal problema son os danos ocasionados no establecemento así como a sensación de inseguridade coa que os comerciantes conviven.
Ademais dun reforzo da presenza policial apelan á toma de medidas por parte das administracións e da asociación de empresarios para facer fronte común a esta vaga de roubos que ten en alerta a Ribeira dende hai meses.











