A Deputación aposta pola compostaxe individual na comarca do Ulla-Umia

    CALDAS> A Deputación de Pontevedra continúa a súa rolda de encontros cos alcaldes das diferentes comarcas. Desta volta, o vicepresidente provincial e os técnicos visitaron os rexedores de Ulla-Umia, para presentarlles algunhas opcións en materia de tratamento alternativo de residuos e de seguridade viaria. Aínda que algúns botaron en falta máis concreción, César Mosquera insistiu en que a intención do goberno provincial é que a iniciativa parta dos concellos.

     

    A procura de tratamentos alternativos para os residuos centrou o encontro entre os alcaldes do Ulla-Umia e o vicepresidente da Deputación.

    Esta e outras ideas están sobre a mesa, pero a Deputación insiste no necesario desta implicación. Para César Mosquera, o ideal é que a iniciativa parta dos concellos en función das súas necesidades contando, iso si, con apoio dos medios provinciais.

    Para os concellos, as propostas do encontro de hoxe pecaron de falta de concreción. A algúns rexedores preocupa a indeterminación no financiamento; para outros, é un xeito de abrir diferentes opcións.

    No encontro tamén se abordaron cuestións relativas á seguridade viaria e á mobilidade; eidos no que a Deputación recomendou a elaboración de plans integrais, en lugar de actuacións puntuais. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/20/reunion_depo_caldas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/20/reunion_depo_caldas.mp4{/flowplayer}