NOIA> O PP e Noieses Independentes Agrupados chegaron a acordo para reeditar o actual bipartito. O pacto foi posible despois de que o BNG rexeitara un cuadripartito con Marea, NOIA e PSdeG, no que estas dúas últimas formacións rotarían na alcaldía.
A negativa do BNG a apoiar un goberno a catro xunto coa Marea Cidadá, NOIA e PSdeG no que a candidata independente e o socialista ostentarían a alcaldía dous anos cada un frustrou o acordo para conformar un goberno cuadripartito como alternartiva ó PP. Así as cousas, Noieses Independentes Agrupados decidiu apoiar a candidatura do popular Santiago Freire. Trala xuntanza celebrada esta mañá na que ratificaron a reedición do pacto, as dúas formacións manterán un encontro esta noite para perfilar o reparto de áreas.
Os independentes que aumentaron en número de votas e estiveron a piques de sacar un edil máis, solicitarán máis competencias en distintas áreas de goberno.
Con este bo entendemento semella que non haberá sorpresa e Santiago Freire serán investido mañá no pleno previsto para as dez da mañá.











