MEIS > O programa Lendo Espero vai incrementado cada ano o número de concellos que deciden participar nesta iniciativa da Xunta para fomentar a lectura ….
… entre os máis mozos. Hoxe centros de saúde coma o de Meis, A Illa ou Poio déronlle a vendida a esta campaña.
Dende o 2006 a Consellería de Cultura e Deportes da Xunta intenta fomentar a lectura nas salas dos centros de pediatría. En Pontevedra comezaron hai dous anos con 4 catro centros, ós que se foron sumando máis concellos, coma este de Meis, que se apunta á iniciativa que tamén secundan este ano outras localidades coma Caldas ou Cuntis.
O obxectivo é facer do tempo de espera nas salas de atención primaria un punto de lectura entre os máis cativos, a partir de libros de diverso tipo dirixidos a rapaces de entre 0 a 12 anos. Unha boa oportunidade para achegalos ó universo literario, na que estarán implicados os seus pais.
A espera será deste xeito máis amena, e os rapaces poderán gozar das historias que traen editoriais especializadas no público infantil e xuvenil coma Kalandraka ou Tambre. Este proxecto enmárcase dentro do Plan de Dinamización da Lectura posto en marcha pola Xunta de Galicia para achegar os libros a tódolos públicos.
Redacción Salnés