Vilanova solicita á Xunta financiamento para a futura rede WIFI-WIMAX municipal

    dv_737_-_vilanova_industria_100.jpgPONTEVEDRA > Representantes do Concello de Vilanova e da Asociación de comerciantes Vilanova Centro reuníronse esta mañá…

    …en Pontevedra ca delegada provincial da Consellería de Innovación e Industria, Monserrat Prado; para solicitarlle apoio económico para implantar a futura rede WIFI-WIMAX neste concello.

    O concelleiro de industria, comercio e novas tecnoloxías vilanovés, Javier Tourís, entregou á representante da Xunta toda a documentación relativa a este proxecto, ó tempo que lle relatou os contidos ,obxectivos e beneficios que vai a supoñer o achegamento das novas tecnoloxías ós fogares dos vilanoveses. Esta rede sen arames de banda ampla de conexión a internet vai a chegar ás seis parroquias do municipio nunha extensión de 33 kilómetros cadrados.

    O edil vilanovés adiantou que esta rede podería estar operativa xa en fase de proba este verán cunha capacidade de preto de 1 megabyte. Pola súa banda, o membro da directiva de Vilanova Centro, Victor Manuel Abad, amosou o seu apoio a esta iniciativa que beneficiará tamén ós comerciantes axudándoos a reducir custes e a prestar un mellor servicio.

    Pola súa banda, a delegada de Industria en Pontevedra amosouse moi favorable a esta solicitude que estudiará nos vindeiros días.

    Redacción Salnés