Continúa o conflicto entre Bea, Mascato e Federación

piraguismo250_260308.jpgGROVE > Nos últimos días estase a vivir un novo capítulo do desencontro entre Federación e a parella formada por David Mascato e Fredi Bea. O peor, que un terceiro pode verse seriamente perxudicado: Tono Campos.

Continúan as tensións entre Bea e Mascato e a Federación Española de Piragüismo. Por enésima vez os padexeiros grovenses vense inmersos nunha polémica allea ó estrictamente deportivo. Os derradeiros acontecementos sucedéronse a unha velocidade de vértigo.

Tras pasar o test selectivo ó que foron sometidos hai 15 días na pista de Verducido para acada-lo seu pase ós Campionato de Europa de Milán, agora semella que terán que pasar outro o 26 de abril, a unha semana do comezo dos europeos.

As razóns que dá a Federación son as seguintes. Esixíronlles ir concentrados coa selección nacional e adestrarse con eles, algo que aceptaron os grovenses. O problema xurdíu no momento no que quixeron retocar o seu plan de adestramentos para poder compaxina-lo coas súas tarefas cotiás, no caso de Fredi o seu papel na política do Grove co seu cargo na concellería de deportes e no caso de Mascato os seus estudios de Fisioterapia. A idea no lle gustou á Federación, que os excluíu da concentración e os deixa preprarar pola súa conta o Europeo obrigándolles a pasar por outra selección o xa citado 26 de abril.

Dende a Dirección Xeral para o Deporte, con Marta Souto ó frente, xa se está a intermediar co CSD para que esixa á Federacion Española de Pîragüismo que cumpla o seu acordo cos canoístas e os deixe preparar o Europeo baixo un sistema de adestramentos flexibles.

O perxudicado de todo isto, ademais dos implicados e por suposto do deporte galego, é Tono Campos. A xoven promesa pode ver así frustrado a súa tentativa de acudir ós Europeos e polo tanto ós Xogos Olímpicos por formar parella con Mascato no C-2 500.

Redacción Salnés