A POBRA> Esta fin de semana presentouse na Pobra o proxecto de inclusión deportiva Sana. Trátase dunha iniciativa na que participan entidades de Francia, Portugal e España, que está organizada no noso país pola Asociación Galega de Actividades Náuticas.
Facer de Galicia un lugar mellor. Iso é o que está a conseguir o proxecto deportivo e de inclusión social Sana. A asociación AGAN deu a coñecer estas actividades cunha presentación na estación náutica Palmira Scuba.
Trátasedun proxecto financiado con fondos Erasmus+ no que participan entidades de tres países: Francia, Portugal e España. Cun claro obxectivo, facer que a actividade deportiva sexa accesible para todos. Polo que ademais presentaron o selo de Calidade Sana.
Dende a Confederación Galega de persoas con Discapacidade resaltaron a importancia deste tipo de proxectos, porque existen máis barreiras cas físicas.
Tamén quixeron destacar a importancia deste tipo de proxectos para o turismo galego.
O vindeiro 21 de setembro, o equipo Sana Galicia viaxará ata a Bretaña francesa para desfrutar da semana deportiva Desafío Sana. Unha semana na que as persoas con discapacidade poderán sentir o mar sen barreiras.