A redución do horario de traballo recrúa o conflito entre mariscadores a pé e a flote en Cabo

BOIRO> Recruase o conflito entre os mariscadores de a pé e a flote de Cabo de Cruz. Os rañeiros viron reducido o seu horario de traballo como sanción por invadir, presuntamente, a zona intermareal. Denuncian que esta medida supón importantes perdas económicas así como un notable empeoramento das condicións laborais.

A partir deste mes de agosto os mariscadores a flote de Cabo de Cruz ven reducida a súa xornada de traballo en hora e media.

Trátase dunha medida imposta pola delegación territorial de Pesca en resposta a unha serie de queixas presentadas polo colectivo de a pé que acusan ós rañeiros de traballar en zona intermareal. Estes non están de acordo posto que non existen denuncias en firme e a medida imposta basease unicamente nun informe da bióloga de zona e as recomedacións do servizo de Gardacostas.

Ademais das perdas económicas e no empeoramento das condicións de seguridade os mariscadores insisten en que esta medida non fai máis que agravar o enfrontamento xa existente entre os dous colectivos que pode crear un grave conflito social.

Solicitan a mediación da Consellería do Mar para que delimite as zonas de de cara a evitar conflitos e favorecer o entendemento entre os dous sectores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí