O PSOE acusa á alcaldesa de ocultar o convenio do enlace co polígono

    poligononantes100_260308.jpgSANXENXO > Os socialistas solicitan á alcaldesa, Catalina González, que faga pública a proposta de convenio que lle presentou …

    … a Consellería de Política Territorial para facer o enlace do Polígono Industrial coa Autovía do Salnés. A portavoz socialista reclama tamén que lle diga ós veciños e ós propietarios da área industrial se acepta ese convenio e se ten interese nese entronque. Dulcinea Aguín afirma nun comunicado que dito acordo xa está en mans da alcaldesa desde hai uns días.

    O PSOE lembra que o plan parcial do polígono de Nantes se aprobou con multitude de irregularidades e acusa ó ex alcalde Telmo Martín, ó entonces conselleiro de Política Territorial Alberto Núñez Feijóo e á actual rexedora de non moveren un dedo para que este polígono poida ser unha realidade. Aguín critica a Catalina González por promover o enfrontamento entre institucións e por gastar diñeiro dos veciños en contenciosos coas diferentes consellerías.

    Redacción Salnés