Quintana reclamará en Bruxelas máis cotas e maior estabilidade para o sector pesqueiro

    O GROVE> O sector pesqueiro galego estará representado o vindeiro luns en Bruxelas. A conselleira do mar manterá unha xuntanza co director xeral de Asuntos Marítimos e Pesca da Unión Europea para, asegurou, defender os intereses da pesca galega. Rosa Quintana pedirá menos variacións nas cotas cada ano para dar certa estabilidade aos armadores. Ademais, reclamará maiores posibilidades de pesca para o cerco.

     

    O vindeiro luns en Bruxelas a conselleira do Mar defenderá a actividade pesqueira que se realiza en Galicia. Rosa Quintana reunirase co director xeral de Asuntos Marítimos e Pesca da Unión Europea, João Aguiar, un encontro no que as cotas para o 2016 estarán sobre a mesa.

    Quintana intentará conseguir máis e mellores cotas para toda a flota, consciente de que achegándose o mes de decembro todo o sector estará pendente das posibilidades de pesca a futuro. Para eles reclama máis estabilidade.

    A Conselleira do Mar tamén aproveitará este encontro para trasladar ao responsable europeo o bo facer do sector en Galicia, ademais da aposta pola acuicultura que quere impulsar a Xunta.

    Rosa Quintana fixo estas declaracións durante a visita que esta mañá realizou á planta Frigrove, no concello de O Grove, que forma parte da sociedade Atunlo, con dimensión internacional no sector do conxelado.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/20/conselleira_cerco_bruxelas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/20/conselleira_cerco_bruxelas.mp4{/flowplayer}