O alcalde da Pobra asume Deportes en relevo de Eloy Sobrido que mantén Facenda e Mocidade

A POBRA> Cambios no organigrama do concello da Pobra. O alcalde asumirá as competencias en materia de Deportes por razóns operativas. Eloy Sobrido, que ata o de agora asumía esta área, quedará á fronte das delegacións de Facenda e Mocidade.

A falla de tempo para asumir unha maior dedicación a unha concellería tan demandante como Deportes levou a Eloy Sobrido a plantexar ó alcalde o seu relevo nesta área. Será precisamente o rexedor Xosé Carlos Vidal quen asuma agora as competencias nesta área mentres que Sobrido continúa á fronte das delegacións de Facenda e Mocidade.

O alcalde quixo agradecer o labor do aínda edil de Deportes ó longo destes anos con proxectos e apostas moi importante tanto no que se refire á mellora das infraestrutruas como a promción do deporte.

Tras informar do decreto do alcalde, o pleno deberá agora aprobar a modificación das competencias posto que se mantén a dedicación parcial do 25 por cento.