RIBEIRA> A rápida intervención dos bombeiros provocou que o suceso non fora a máis.
Ó parecer o lume orixinábase nas redes que o barco, o Eros Dos, ten acumuladas nunha zona da cuberta. A gran fumareda fixo saltar rapidamente as alarmas. Ata o lugar desprazáronse bombeiros dos parques de Ribeira e Boiro, así como tamén os integrantes do Grupo de Actividade de Emerxencia Municipal, que se encargaron de sufocar as chamas.
O buque, de bandeira panameña, foi adquirido no ano 2008 por un armador de Ribeira. Dende aquela atópase atracado no porto comercial en situación de abandono. Razón pola que Porto de Galicia decidiu sacalo a subhasta, ó igual que o L’Etel, outro buque en iguais condicións, que se atopa abarloado a este, que tamén sufrirá un incendio semellante hai uns anos.