CAMBADOS> O BNG de Cambados dá por rotas as negociacións para formar equipo de goberno. A petición dos nacionalistas era ter a capacidade absoluta nas súas áreas como o mantemento das infraestruturas. Dende o PSOE aseguran que de aceptar es petición estarían deixando sen contido a área de obras e servizos.
Unha vez coñecido o resultado das pasadas eleccións municipais o BNG xa advertiu que apoiaría a investidura do PSOE pero que só entrarían no goberno cunhas condicións determinadas. Despois dos primeiros contactos finalmente eses acordos non se deron e os nacionalistas rompen as negociacións. A proposta do partido lidero por Victor Caamaño era ter a capacidade absoluta nas áreas que lle correspondían.
Pola súa parte, os socialistas consideraban que de aceptar esas condicións deixaríase sen contido á área de obras e servizos.
Dende o BNG lamentan que os outros partido negociasen entre eles e que as negociacións non se fixeran sempre entre as tres formacións. Agora non dubidan en pasarse á oposición.
Tras esta rotura o goberno de Cambados quedará formado finalmente por un bipartito en minoría. Segundo a alcaldesa as negociacións e acordos continuarán con Somos Cambados para que a vila teña un goberno óptimo.