![]()
VILAGARCÍA > O Concello vai a manter o Grumir de Protección Civil, tal e como acordaron tódolos grupos políticos …
{flowplayer}images/salnes/plenovilagarcia_280308.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA > O Concello vai a manter o Grupo Municipal de Intervención Rápida de protección civil, tal e como acordaron tódolos grupos políticos na última sesión plenaria de caracter ordinaria celebrada o xoves. Aínda se descoñece de cantos efectivos vai a estar formado o novo GRUMIR.
As distintas forzas políticas de Vilagarcía veñen de aprobar en pleno un acordo que fará posible o mantemento do Grupo Municipal de Intervención Rápida do Corpo de Protección Civil de Vilagarcía. No transcurso da sesión varios ex-membros deste corpo profesional de emerxencias estiveron presentes vestindo camisetas e portando unha pancarta denunciando a desaparición deste corpo.
Ademais, estes ex-Grumir tiveron a oportunidade de intervir na rolda de interpelacións, para formular preguntas como esta, logo de que o actual xerente de Bombeiros argumentara que tódolos concellos da comarca serían tratados en igualdade de condicións ante as emerxencias. Neste caso, o voceiro do goberno municipal, Marcelino Abuín, respostou que a intención do consistorio era pretender que Vilagarcía tivese prioridade de actuación para os bombeiros da sede Vilagarcía.
De seguido, os Grumir tamén se preocuparon sobre cando ía a iniciarse o proceso de reestructuración deste corpo e por cantos efectivos en plantilla ía a estar formado. Interesáronse tamén sobre o tipo de acontecementos que ían a ser considerados emerxencias. De novo, o voceiro municipal observou que se estaba a traballar na redefinición dos servicios de emerxencia neste concello, un proceso do que se lles iría informando no sucesivo. Os ex-empregados do Grumir reiteraron o seu agradecemento á corporación local e os distintos grupos políticos por impedir que desapareza este corpo de axuda ó cidadán.
Redacción Salnés









