Investigan varios roubos en vehículos estacionados no Lagar

    POBRA> Os feitos, que están a investigar tanto a Policía Local coma a Garda Civil, producíronse durante a fin de semana.

    {flowplayer}barbanza/roubosvehiculoslagar.flv{/flowplayer}

    Un dos roubos tiña lugar nun automóbil estacionado na rúa Ulla, na zona do Lagar. Segundo informaron fontes policiais, a fiestra traseira do vehículo foi destrozada, usando a tapa dun sumidoiro. Do seu interior leváronse dúas cámaras, unha de vídeo e outra de fotos, valoradas nun tres mil euros. O dono do coche tamén botou en falla un bolso no que tiña gardado diversa documentación do seu traballo. Este episodio non foi o único, xa que outro vehículo, esta vez estacionado na rúa Fernández Varela, tamén aparecía cunha luna rota.

    Feitos puntuais

    Aínda así dende a Policía Local consideran que se tratan de feitos puntuais, e que a vila segue a ser un lugar seguro, na que non adoitan producirse este tipo de casos.

    Redacción Barbanza