Comerciantes e hostaleiros ven con incerteza o plan de desescalada presentado polo Goberno Central

BARBANZA> Dende as patronais locais aluden a que existen moitas dúbidas e que non hai nada claro sobre como van a poder desenvolver a súa actividade.

O sector do comercio e a hostalería ve con incerteza a volta á súa actividade. Sen entrar en profundidade nas medidas do Plan de Desescalada presentado polo Goberno Central entenden que existen moitas dúbidas na súa aplicación. As fortes restricións impostas, principalmente na fase 1, fai que moitos comerciantes e hostaleiros o pensen antes de decidir se merece a pena ou non abrir os seus negocios.

Dende o sector comercio tamén piden a suspensión ou aprazamento das rebaixas.

Aínda así dende as patronais mandan unha mensaxe de esperanza e ánimo e inciden en que sairán adiante.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí