VILAGARCÍA> A programación da tempada 2022 2023 da sociedade filarmónica de Vilagarcía contará cun festival internacional. A vila colle o relevo de Budapest na organización do New Millenium International Chamber Music Festival. Ademais a programación inclúe outros 6 concertos, dous de eles gratuítos.
Vilagarcía estase convertendo nunha referencia a nivel galego de música clásica. Ademais do festival Clas Clas, a vila acolle cada tempada os concertos organizados pola sociedade filarmónica de Vilagarcía. A programación da VII edición que se celebrará ao longo do 2022 e do 2023 inclúe 6 concertos e un festival internacional.
A vila collerá a testemuña de Budapest e continuarán coa organización do festival Viena e Sofía. O que significa poñer a Vilagarcía no nivel de grandes cidades europeas. En canto ao resto de concertos, os dous primerios, Ecos Latinos o 7 de outubro e un Dúo Cello Piano o 18 de novembro, serán gratuítos.
No mes de decembro actuará o barítono Fernando Cisneros, en febreiro o pianista Martín García, en marzo o dúo formado pola violinista Simone (simon) Porter e a pianista Pallavi Mahidhara e a tempada pecharase en maio coa pianista Juhee Lim. Dous destes artistas tamén actuarán para os estudantes da vila, xa que a sociedade filarmónica continúa apostando por facer chegar a música clásica aos máis mozos.
Os concertos non gratuítos terá un custo de 18 euros para os que non sexa socios da sociedade filarmónica. Ademais este ano a organización adianta todos os concertos as 20:30 horas.