![]()
O GROVE > Unhas 200 persoas reclamaron onte á noite no Grove a celebración do Tiro ó Pombiño na Illa da Toxa. A concentración foi convocada …
… polas tres organizacións empresariais do concello, Emgrobes, Hostalería e Centro de Iniciativas Turísticas, ademais do club de tiro La Toja.
No Corgo, diante do concello, lembraron que non piden un campo de tiro de forma permanente se non para un momento puntual nunha data determinada, o que supón unha importante fonte de ingresos, de 3 millóns de euros, para varios sectores, e unha cifra considerable de postos de traballo que se poden perder.
Emgrobes, CIT e Hostalería continúan recollendo firmas por todo O Grove e xa acumulan 1.500 que remitirán ás administracións competentes como medida de presión para evitar a desaparición deste evento que se celebra a principios de xullo. O obxectivo á acadar dúas mil sinaturas. A organización esperaba que os grupos políticos se unisen á súa reivindicación, pero a esa mesma hora había pleno.
Pero para o que uns é unha fonte de ingresos para outros éo de contaminación. Así o indican os ecoloxistas. Nunha carta aberta á cidadanía do Grove, Adega advirte dos graves efectos da munición de chumbo. Lembra que é un dos metais máis contaminantes, que provoca desordes fisiolóxicas e malformacións fetais, e no caso das aves acuáticas é unha das principais causas de morte por envenenamento.
Redacción Salnés






