O Barbeito mantén intactas as súas opcións de salvación

futbolsala250_010408.jpgSALNÉS > Dous partidos dúas victorias, pleno dos equipos do Salnés. O Grupo Junquera non tivo problemas para impoñerse ó Pontenova mentres que o Hermanos Barbeito venceu ó Ponferrada nun partido tolo que rematou con 21 goles.

Importantísima victoria do Hermanos Barbeito esta fin de semana en Ponferrada. Ben é certo que o rival era o pechacancelas da categoría pero o partido había que gañalo, e se fixo.

Estes tres puntos adquiren unha relevancia maior tendo en conta que os catro equipos que o precedían na táboa e cos que loita pola salvación caeron nos seus respectivos compromisos.

As ansias de gañar de ámbolos dous conxuntos fixo que se vese un auténtico correrúas, cos ataques sempre impoñéndose ás defensas. Os leoneses levaron a inicitativa nos primeiros minutos pero a rápida reaación do Barbeito, que igualaba na xogada seguinte á que se adiantaban os locais, fixeron que se desesperasen. Os de Rodri aproveitárono para levarse ó descanso unha renta de tres goles que xa sería decisiva.

Na segunda parte o partido seguíu na mesma tónica, descontrolado, pero os portonoveses xa no verían peligra-la victoria que ó final se levaron por un escandaloso 9-12, resultado máis propio de waterpolo, 21 goles que sen dúbida van se-lo record desta campaña. Os tantos foron obra de Fisgas, Noe e Salgueiro por partida doble, tres para Pibe e catro de Lito.

Agora son precisamente catro os puntos que os separan da salvación con seis partidos por disputarse aínda, 18 puntos en xogo.

Unha división por debaixo o Grupo Junquera continúa a ascender posicións na xeral. Esta fin de semana non tivo problemas para impoñerse ó Pontenova por 8-4. Ós trece minutos xa gañaban por 3-0 de ahí que tiveran un encontro cómodo ata o final que souberon controlar en todo momento.

Non periga xa a permanencia dos vilagarciáns que se sitúan a catro xornadas para o remate da competición con dez puntos de marxe sobre o descenso.

Redacción Salnés