O Club ITF Noia organiza o I Open Nacional de Kickboxing

NOIA> Este sábado, 14 de maio, disputarase nas instalacións da Sociedade Liceo de Noia a primeira edición do Open Nacional de Kickboxing Berberecho e Vila de Noia organizado polo Club ITF.

A actividade, que nace coa idea de continuidade, reunirá na localidade a uns trescentos loitadores chegados dende diferentes clubs de toda España.

Será na especialidade de ‘tatami sport’, non se desenvolverá enriba dun ring, e tres serán as modalidades en competición: ‘light contact’, ‘point fighting’ e ‘kick light’.

Na competición tomarán parte varios loitadores do Club. Un deles será Martín Iglesias que conta con enormes posibilidades de facerse co trunfo, despois de proclamarse dobre Campión de España en Guadalajara.

A realización deste campionato é posible grazas a implicación da Confraría de Pescadores e do propio Concello, principais patrocinadores do evento.

Dende este último fan un chamamento a asistir. A entrada será de balde.

–inserto

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí