Vilagarcía contratará seis novos efectivos de emerxencias

    grumir_vila_100.jpgVILAGARCÍA > A alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García, reuniuse onte ca Directora xeral de Protección Civil, …

    ….Esther González na que intentou conseguir apoio do ente autonómico para manter o servicio de atención de emerxencias profesional. O resultado da Xunta foi unha achega da Xunta de Galicia ca que o Concello Vilagarcián asumirá a contratación de seis novos efectivos de servicios auxiliares, que xunto cos outros 10 que financiará o Concello, formarán un novo grupo de atención de emerxencias no Concello. A contratación destes novos traballadores correrá a cargo do Concello, e nela, segundo a Alcaldesa, darase preferencia ós ex-membros do GRUMIR. Con todo, a alcaldesa remarcou que os servicios de Emerxencia nunca deixaron de estar cubertos neste Concello.

    Esta nova non satisfixo ós antigos membros do grupo municipal de intervención rápida vilagarcián; que entenden que o tipo de contrato que se vai a empregar os vai a excluír destes postos indirectamente. Estes profesionais da seguridade botan contas do que vai a custar este novo servizo, e aseguran que, si se vai a manter operativo as 24 horas do día, o custe das horas extra as que se van a ver obrigados os efectivos que se van a contratar poderían servir, no seu canto, para contratar a novos traballadores.

    Os GRUMIR manifestan ademais que saíron moi satisfeitos da xuntanza mantida onte cos edís vilagarciáns nacionalistas, os que se comprometeron a intentar readmitilos no seu cargo.

    Redacción Salnés