RIBEIRA> A brigada de obras municipal procedeu xa á retirada dos bolardos situados na fronte marítima do peirao de Palmeira e reubicou tamén os bancos de pedra.
Portos de Galicia responde así ó enorme malestar suscitado entre a veciñanza desta parroquia pola reordenación do espazo portuario realizada.
Dende o Concello agradecen a solución adoptada polo ente autonómico, que responde ós propios intereses da veciñanza e tamén do Concello.
Ademais de deixar un espazo para zona de estacionamento, a actuación afianza agora a seguridade viaria e o desenvolvemento dos labores portuarios.