Os hoteis de O Grove e Sanxenxo colgarán o cartel de completo

    SALNÉS> A ponte do Pilar e a Festa do Marisco impulsarán a actividade hoteleira. O contrapunto, o Parador de Cambados, que podería pechar.

    {flowplayer}images/salnes/FolgaParadores_111012.flv{/flowplayer} 

    No Grove, a gran maioría dos hoteis alcanzaron unha ocupación do 50% durante estes días, grazas principalmente á celebración da Festa do Marisco. Para os días de ponte que comezan mañá, moitos colgaron xa o cartel de completo. Os que non o fixeron aínda, agardan que as reservas de última hora lles axuden.

    O alcalde, Miguel Angel Pérez, considera que serán uns días moi proveitosos para a economía meca. 

    Beneficiados tamén pola celebración da Festa do Marisco, os hoteis que permanencen abertos en Sanxenxo estímase que acadarán unha ocupación do 70%. Dende a CETS, considérase, que agosto e setembro e estes días de outubro, serven para recuperarse dun mes de xullo desastroso.

    Moitos hoteis pecharán polo tanto trala ponte, outros xa o fixeron con anterioridade e os menos, quedarán abertos durante o resto do ano, algo que é habitual.

    A nota negativa estes días a dá o Parador de Cambados. A ameaza de folga por parte dos traballadores de Paradores, a nivel nacional durante a Ponte do Pilar, fixo que as reservas diminuísen. De feito, dende a dirección do establecemento están a informar ós clientes desta circunstancia, polo que moitos decidiron cancelar as súas reservas.

    Os sindicatos convocaron a folga tamén para os días 2 e 3 de novembro, 7 , 8 e 31 de decembro e 1 de xaneiro. Quéixanse, entre outras cousas, da eliminación da paga extra, a restricción dos dereitos sindicais, a eliminación dos premios de xubilación ou os permisos retribuídos.

    Redacción Salnés