Fernando Franco sae elixido Patrón Maior de Carril

    VILAGARCÍA > Os membros da xunta xeral da confraría de Carril elixiron ó parquista Fernando Franco como Patrón Maior. Ó cargo tamén optaba a mariscadora a pé Olga Carou e o parquista Vicente García. O novo dirixente da confraría carrilexa, un dos máis mozos da comarca, terá agora que facerse cargo de problemas como a mortandade da ameixa ou a contaminación e os continuos escándalos internos que caracterizaron durante os últimos tempos á confraría.

    fernandofranco_300_240206.jpgChámase Fernando Franco, ten 31 anos e é o parquista máis mozo da confraría de Carril. Os membros da xunta xeral elixírono por 13 votos como novo Patrón Maior. Ó cargo optaban a mariscadora a pé e ex patrona maior Olga Carou que acadou dez votos e o tamén parquista Vicente García que tan só conseguiu un. Fernando Franco colle por tanto as redas dunha confraría nada fácil polos seus continuos problemas internos. Agora só espera que reine a paz.

    Ademais das pelexas entre agrupacións que caracterizou esta confraría nos últimos tempos, os novos dirixentes enfróntanse a mortandade da ameixa, a contaminación é as correntes de auga doce que mingúan considerablemente a producción.

    En canto os demais compoñentes da directiva foron elixidos como vice patrona maior a mariscadora a pé Susana Longo e o segundo vice patrón Jose Luís Diz. Os vocais son catro parquistas, tres mariscadoras a pé e un traballador de a flote.

    Redacción Salnés