O xuíz declara executada a sentencia de Armarios Alonso

    armariosalonso100_080408.jpgSANXENXO > O xulgado declara executada a sentencia que ordenou a clausura de actividade de Armarios Alonso.

    O titular do Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous de Pontevedra declarou cumprida a sentencia que ordenou a clausura de actividade da empresa Armarios Alonso, en Sanxenxo. A sentencia foi dictada en novembro de 2004 e nela ordenábase abrir expediente sancionador por infracción urbanística e abrir expediente de reposición da legalidade urbanística pola construcción da nave situada no Santo, en Nantes.

    No fallo tamén se dictaminaba que o Concello debía clausurar a actividade de fabricación de mobles neste emprazamento. Sentencia que se executou o pasado 5 de marzo, momento no que o Concello procedía ó precintado da maquinaria de Armarios Alonso.

    En canto á legalización da nave, o Concello xa remitiu á Xunta o expediente coa intención de permutar este terreo por unha parcela pública no parque empresarial de Nantes. O goberno local ofreceu esta posibilidade ó propietario co fin de evitar a perda dos empregos desta empresa.

    Redacción Salnés