Pontevedra , pioneira na instalación do sistema Xeopista

    xeopista100080508.jpgPONTEVEDRA > A Deputación de Pontevedra presentou esta mañá o sistema Xeopista que permitirá o acceso á oficina virtual de Catastro

    …ou importar ficheiros do Padrón entre outras vantaxes. Este sistema informático será implantado en 60 concellos da provincia de Pontevedra. Un proxecto pioneiro en España e que será co financiado xunto co Ministerio de Administración Públicas.

    Unha iniciativa innovadora que xa se atopa na súa segunda fase xa que este sistema informático Xeopista está instalado en fase de seguimento en 27 concellos dos 60 que se beneficiarán desta aplicación. A presentación de Xeopista foi levada a cabo polo presidente da deputación de Pontevedra Rafael Louzán e os técnicos provinciais.

    Louzán destacou a aposta da institución por impulsar e animar os concellos na implantación de novas tecnoloxías para mellorar a xestión municipal e axilizar a atención ó cidadán. O sistema de información xeográfica irá dirixido os concellos de menos de 50.000 habitantes. Entre as súas aplicacións permitirá xestionar licenzas tanto a súa visualización como a consulta dos expedientes, editar e consultar os plans existentes no municipio, información sobre as redes de saneamento e os bens inmobles e a publicación dos mapas dos concellos na rede entre outras vantaxes.

    Un proxecto ambicioso e innovador no que Pontevedra é a provincia pioneira en España na instalación do sistema Xeopista.

    Redacción Salnés