Os comercios de Ribeira celebrarán este sábado a ‘Noite Aberta’

    RIBEIRA> Os negocios abrirán ata as dez e media da noite, realizando descontos de ata un 50%. Por sétimo ano consecutivo, e despois dos éxitos de edicións anteriores, a patronal ribeirense volverá a desenvolver a Noite Aberta. Será este próximo sábado. Na iniciativa tomarán parte máis de trinta comercios de distintos sectores que abrirán as súas portas ata as dez e media da noite, realizando descontos de ata un 50%. Para facer máis atractivas as compras ese día, a patronal ribeirense desenvolverá tamén numerosas actividades paralelas. A iniciativa conta coa colaboración do concello. O alcalde, manuel Ruíz, destacou na súa presentación a importancia deste tipo de iniciativas de cara a revitalizar un sector que non pasa por os seus mellores momentos. A intención do rexedor é que ese día se poida proceder tamén ó acendido do alumeado de Nadal.