O Barbeito complícase a vida tras perder co Rompiente

futbolsala250_090408.jpgSALNÉS > A derrota do Hermanos Barbeito ante o Rompiente (2-3) complícalle a permanencia ós de Rodri e Pimeira Nacional A. Tamén caeu o Grupo Junquera en As Pontes de Gracía Rodríguez ante O Esteo (32).

Duro golpe moral o que recibíu esta fin de semana o Hermanos Barbeito, que caeu por 2-3 ante o equipo asturiano do Rompiente. De ter gañado os de Rodri teríanse colocado a tan só dous puntos da salvación; agora quédanse a cinco pero sabendo que aínda hai esperanza, xa que se teñen que enfrontar con boa parte dos conxuntos que pelexan con eles pola salvación.

O encontro foi moi igualado. Os portonoveses colocaron dende o inicio a linea defensiva en mediocampo, o que dificultou os ataques visitantes. Tiveron ocasións para poñerse por diante pero non concretaron; sí que o fixo o Rompiente, que acadou rapidamente un 0-2 tras dous fallos defensivos locais. Pibe reduciría distancias de penalti antes do descanso.

Tralo paso polos vestiarios o partido volveuse tolo froito do alto ritmo que impuxo o Barbeito. Pero a expulsión de Pablo Durán, mediada a segunda parte serviríalle ó Rompiente para poñerse 1-3. Pibe de novo, puxo minutos máis tarde o 2-3, e logo, a gran actuación do porteiro visitante unido ó desacerto local, evitou a igualada.

Unha división por debaixo, o Grupo Junquera non puido seguir coa súa escalada na clasificación e caeu nas Pontes ante O Esteo por 3-2. Un partido bonito e igualado no que os vilagarciáns non saíron moi contentos coa arbitraxe recibida.

Isaac adiantou ó Junquera ós cinco minutos pero os locais daríanlle a volta o marcador; de novo Isaac a cinco para o final, facía a igualada pero no último minuto o Esteo por mediación de Sergio facía o definitivo 3-2.

Así as cousas, o Junquera continúa na zona media da táboa lonxe do perigo e co obxectivo de remata-la temporada o máis arriba posible.

Redacción Salnés