A DO Rías Baixas e Turismo Pontevedra alíanse na promoción turística

     PONTEVEDRA> Turismo de Pontevedra, o ente dependente da Concello de Pontevedra, ven de asinar un convenio de colaboración

    {flowplayer}images/salnes/convenio_pontevedra_rb.flv{/flowplayer}

    … ca Denominación de Orixe Rías Baixas. En virtude deste acordo, as accións promocionais dos dous asinantes sumarán sinerxias nas súas exposicións polo mundo adiante co fin de apoiarse mutuamente na procura de buscar máis adeptos ó viño de calidade desta DO é novos visitantes para a cidade do Lérez, respectivamente. Amais, os viños da DO Rías Baixas estarán presentes nos actos de promoción de Turismo de Pontevedra e, á súa vez, Turismo de Pontevedra participará nas accións na diáspora que tanto éxito está a ter na promoción dos seus viños esta DO.

    A maiores, poderán facer uso dalgunhas das súas dependencias, como é o caso do pontevedrés Pazo de Mugartegui para certas accións, ademais doutras interaccións. Un acordo este, que xa levaba varios meses fraguándose.

    As dúas organizacións apuntan ó turismo de calidade como o seu target principalmente, especialmente ó público de negocios que adoita visitar as feiras internacionais. Serán eles os principais destinatarios das principais accións publicitarias conxuntas específicas que se levarán a partires da sinatura deste convenio; que se prorrogará anualmente.

    Redacción Salnés