Quintana inaugura en Vilagarcía un centro de ensaio musical

    quintana100_090508.jpgVILAGARCÍA > Anxo Quintana visitou esta tarde Vilargarcía de Arousa para inaugurar os locais de ensaios situados nos sotos do Auditorio

    …municipal. Unha iniciativa que se enmarca dentro do programa da “Rede galega de locais de ensaio” que pretende promover a cultura musical entre os máis novos. Un espazo onde a mocidade poida expresar as súas inquedanzas culturais e formar un lugar para a convivencia.

     As portas dos novos locais de ensaio abren as súas portas mañá. Dende que o programa da rede galega de locais de ensaio votara a andar foron mais de 30 os centros inaugurados por toda Galicia. Neste 2008 tense previsto que sexan 17 novos locais os que se abran na provincia de Pontevedra. Anxo Quintana foi o anfitrión dunha recepción amenizada pola actuación de dous grupos de música vilagarciás chamados AV-13 e Xtrume que puxeron a nota musical á futura apertura deste centro de ensaios totalmente equipados.

    O vicepresidente da xunta resaltou a orixinalidade deste proxecto cuxo obxectivo é o de darlle unha resposta á necesidade creativa da mocidade, que axuda a medrar a cultura Anxo Quintana cualifica os locais de ensaios como espazos para que a mocidade se desenvolvan musicalmente pero ademais convivan e intercambien experiencias

    O encontro foi respaldado pola alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García, o tenente alcalde Xoxe castro Ratón, alcaldes doutras localidades entre outros. Finalmente todos brindaron pola apertura que se producirá maña dente centro de ensaios, que nestes intres xa se atopa moi solicitado por grandes promesas da música.

     Redacción Salnés