A Illa mobilízase para que a Xunta garanta o bacharelato en Vilanova a 22 alumnos

A ILLA> Mobilización no instituto da Illa de Arousa para que a Xunta garanta prazas de bacharelato en Vilanova para todo o seu alumnado. Do máis de medio cento de mozos que rematan este ano a ESO, hai unha vintena que aínda están á espera de saber se poderán continua-los seus estudos no centro de referencia no municipio veciño. Os pais e nais entenden que esta situación demostra a necesidade de dotar ao IES da Illa de Bacharelato.

Medio cento de alumnos están a piques de ramata-la ESO no IES da Illa de Arousa. Deles, 22 aínda non saben onde se escribirá o seu futuro. A Xunta non lles garante que poidan cursa-lo bacharelato no centro de referencia no veciño municipio de Vilanova.

Reclaman poder acceder ao bacharelato en igualdade de concidicións que o resto de mozos. Consideran que o lóxico é que se lles conceda praza en Vilaonva, tendo en conta que como o bacharelato non é obrigatorio, hai que paga-lo transporte. Con toda a rapazada acudindo ao mesmo centro, os pais e nais poden organizarse para facerlle fronte a ese gasto.

Apoiando estas reivindicacións estivo tamén o alcalde da Illa de Arousa. O goberno local xa se puxo en contacto coa Xunta para que se busque axiña unha solución. Pero polo de agora, o goberno galego da a calada por resposta, indicando unicamente que o asunto vaise acabar arranxando.