O GROVE> Preto de 90 mil racións de produto vendidas na festa do marisco do Grove. O evento superou os 700 mil euros de facturación. O alcalde fixo un balance moi positivo dun acontecemento que se está convertendo nun produto turístico excelente.
A Festa do Marisco do Grove volveu a ser un éxito. A pesar de que os datos provisionais de vendas son inferiores aos do anos pasado, o resultado é mellor do esperado xa que nesta edición o festivo do 12 de outubro coincidiu en sábado. As vendas alcanzaron as 145 mil racións o que supón unha facturación de máis de 700 mil euros.
O alcalde considera que a festa se está consolidando como un produto turístico de excelencia. O que permite que numerosos visitantes se acheguen ao Salnés nun mes con menos afluencia de turistas como outubro.
Nas últimas edicións os concertos convertéronse nun reclamo máis da festa do marisco. Un complemento que se suma á oferta gastronómica e que permite que se achegue ao evento xente máis nova.
A festa transcorreu sen ningún incidente, feito que o alcalde agradeceu á garda civil e a tódalas persoas que traballan para que a festa sexa unha realidade, especialmente aos 70 empregados que ofreceron o servizo na carpa gastronómica. Tralo éxito deste ano a vista xa está posta na festa do marisco 2020. O alcalde do Grove adiantou que intentarán facer a presentación da festa en Bruselas. Tamén asegurou que seguirán traballando para que a festa adquirir a distinción de interese turístico internacional.