Unha extrana vertedura alerta ós veciños de Cambados

    CAMBADOS > Unha avaría no pozo de Fefiñáns en Cambados provocou unha serie de verteduras ó mar con restos fecais, de lodo e mesmo de sangue animal.

    verquido_200_100408.jpgAs mariscadoras manifestan que estas verteduras se producen a miúdo e están fartas de que prexudique á súa faena diaria. Por parte do concello a versión é ven distinta. O tenente alcalde da vila afirma que este foi un incidente illado e inevitable , que se produciu para previr un mal maior.

    Un fallo no bombeo do pozo de Fefiñans foi a causa deste verquido que se podía contemplar en diferentes puntos da ría . Calquera que se achegara hoxe polo peirao de Cambados podía ver e sobre todo ulir os restos das verteduras dalgunhas das saídas das cañarías que dan ó mar. Nelas podíase visualizar de preto as enormes manchas de sangue impregnadas na ría. Para o colectivo das mariscadoras estas verteduras prodúcense frecuentemente e afirman que á marxe de contaminar o mar prexudica á reproducción do marisco A versión do concello oponse a das mariscadoras.

    O tenente alcalde, Luís Aragunde, en declaración a Telesalnés – Barbanza afirma que o incidente é de carácter ocasional aínda que recoñece algún que outro verquido que tratan de erradicar A causa do derrames contaminantes foi unha avaría nunha das bombas do pozo de Fefiñáns que para evitar un problema maior foi necesario desaugar ó mar Para as mariscadoras que viven día tras día na ría, este tipo de desaugues prodúcense pola falla de previsión tanto do concello como das empresas, que non reciben ningún tipo de control sanitario

    O que máis alertaba os transeúntes que paseaban polo peirao de Cambados era os restos de sangue que xunto cos restos fecais, desprendían un arrecendo moi desagradable. Ó parecer foron os restos dunha conserveira

    Un incidente que segue afectando á poboación cambadesa xa que unha alta porcentaxe vive do mar.

    Redacción Salnés